|
|
| 07/09/2010 |
| Santi Domínguez salienta o papel de promoción turística da Festa do Marisco, que se inaugura o xoves |
|
Vigo, 07 de setembro de 2010.- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou hoxe na presentación da Festa do Marisco de Vigo, que se inauguran o xoves, que xogan un papel moi importante de promoción turística da cidade ao servir de reclamo de atración de visitantes. O nacionalista considera que nesta sétima edifición as xornadas marisqueiras están consolidadas e é posible dicir que “Vigo xa ten un referente gastronómico que era incríble que non o tivera co seu potencial pesqueiro”. |
ler máis... |
|
|
| |
| 06/09/2010 |
| A corporación aproba unha moción do BNG instando á Xunta a non reducir as axudas á rehabilitación de vivendas |
Vigo, 6 de setembro de 2010.- O pleno celebrado hoxe aprobou, cos votos a favor do BNG e PSOE e en contra do PP, unha moción que insta á Xunta de Galiza a modificar o decreto de 1 de xullo de convocatoria de axudas á renovación de vivendas no medio rural e nos cascos históricos. Na defensa do texto, o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez criticou que ese decreto “reduce en dous tercios as axudas”, ao pasar de 30.000 euros para as rehabilitacións estruturais a 8.600 euros, e nas obras de renovación de 20.000 a 6.600 euros.
|
ler máis... |
|
|
| |
| 06/09/2010 |
| O pleno aproba dúas declaracións institucionais con motivo da celebración do Día do Cooperante e a Declaración do Milenio |
Vigo, 6 de setembro de 2010.- O pleno da corporación municipal aprobou por asentimento dúas declaracións institucionais con motivo da conmemoración o 8 de setembro do Día do Cooperante e a adopción da Declaración do Milenio de Nacións Unidas. Estes documentos expresan o compromiso do Concello de Vigo coa posta en valor do traballo que desenvolven os e as cooperantes e por outra banda solicitan ao Goberno Central que adopte unha posición firme ante o Cumio das Nacións Unidas en Nova York que terá lugar do 20 ao 22 de setembro de 2010 para acelerar o cumprimento dos Obxectivos do Milenio no período 2010-2015. A concelleira de Benestar Social, María Méndez, adiantou que se programarán diversas actividades e animó a participar á cidadanía.
|
ler máis... |
|
|
| |
1-5
|
|
|
|
|
|
|